O realizador de Philadelphia Lee Daniels dirixirá un novo thriller de exorcismos cuxos dereitos a Netflix ven de obtér batendo nunha poxa a outras seis empresas interesadas. O acordo pechou-se finalmente por unha cifra que seica está por riba dos 65 millóns de dólares.
Daniels sentará deste xeito na cadeira de director facéndo-se cargo dun elenco de actores no que se atopan Andra Day, Octavia Spencer, Glenn Close, Rob Morgan, Caleb McLaughlin e Aunjanue Ellis.
Day interpreta a unha nai de Indiana cuxos nenos son posuídos a mantenta por un demo. O argumento seica está baseado en supostos feitos vividos por Latoya Ammons e mais a súa família en 2011 na así chamada “casa dos douscentos demos”. Spencer será un cura, Close é a nai de Day, Morgan fai do mozo de Day, e McLaughlin interpreta á versión adulta do fillo de Day.
O mesmo Daniels re-escribiu o guión a partir de esbozos prévios de Dave Coggeshall e Elijah Bynum, coa intención de aproximar o filme a anteriores éxitos do cinema de exorcismos coma The Conjuring e The Amityville Horror, que tamén usaron supostos feitos reais para faceren un thriller fictício.
Daniels, Tucker Tooley e Pam Williams serán os produtores e a rodaxe dará comezo a mediados deste ano.