A Blumhouse Television ven de se facer cos dereitos para adaptar á tele nunha série limitada a novela Later que Stephen King publicou no pasado ano 2021. A súa protagonista será Lucy Liu.
A história orixinal vai sobre a propietária dunha axéncia literária e nai solteira cuxo principal cliente morre antes de entregar a súa grande obra. Jamie, o fillo da axente, ten a habilidade sobrenatural de falar cos mortos, e de que estes lle digan sempre a verdade, así que a nai decide utilizar eses poderes para completar a novela e publica-la. Nombergantes, a moza da nai, unha detective da policía, descubre o que está a facer Jamie e o utiliza para se comunicar tamén coas pantasmas dos criminosos.
A creadora da série, Raelle Tucker (True Blood) escribiu o episódio piloto, do cal Jason Blum, Chris McCumber e Jeremy Gold serán os produtores executivos.