A Disney+ ven de encargar a produción dunha nova série de televisión titulada Percy Jackson and the Olympians, baseada na saga de novelas homónima supervendas do escritor Rick Riordan.
A 20th Television producirá a série para a Disney Branded Television, tentando ser moito mais fiel aos libros cás anteriores adaptacións para a pantalla grande, estreadas en 2010 e 2013 respectivamente e que tiñan coma protagonistas a uns persoaxes de mais idade da que teñen orixinalmente. Ademais, o mesmo Riordan participará na série moito mais de preto e mesmo escribirá o episódio piloto, con Jon Steinberg (Black Sails) coma produtor executivo.
Nos libros, a história vai sobre Percy Jackson, un rapazolo de 12 anos que descubre que é un semi-deus, ao que Zeus acusa de roubar a súa cacha do poder coa que lanza raios e lóstregos. Percy deberá percorrer os Estados Unidos na procura do obxecto, para limpar o seu nome e devolver o orde ao Olimpo.
James Bobin (The Mysterious Benedict Society, The Muppets) dirixirá este primeiro episódio, para o que polo de agora non hai anunciado nin un elenco de actores, nin unha data de estrea.