O actor texano Nick Stahl (Terminator 3: Rise of the Machines) ven de se unir ao elenco de Let the Right One In, a adaptación en forma de série para a pequena pantalla que a canle Showtime está a preparar do filme de vampiros e mais da novela sueca Låt den rätte komma in.
A história narra como Mark (Demian Bichir) e mais a súa filla Eleanor (Madison Taylor Baez) ven as súas vidas cambiadas para sempre após de que ela fora transformada en vampira dez anos atrás.
Encerrada agora no corpo dunha nena de 12 anos, Eleanor deberá vivir unha vida agochada dos ollos da xente, saíndo só pola noite, mentres o seu pai tenta facer todo o posíbel por lle fornecer o sangue humano que necesita.
Stahl interpretará a Matthew, un ex-soldado e fiel amigo da família Logan, cuxos modais suaves agochan o salvaxismo no fondo.
Andrew Hinderaker e Seith Mann serán os showrunners e o mesmo Mann dirixirá o episódio piloto.