A secuela do filme do ano pasado Mortal Kombat xa está oficialmente en preparación, con Jeremy Slater a bordo para escribir o guión para a New Line.
Slater ven de traballar coma guionista xefe na vindeira série da Marvel e a Disney+ Moon Knight, que protagonizarán Oscar Isaac e Ethan Hawke, foi o creador e co-showrunner da série The Exorcist na Fox, e axudou a desenvolver The Umbrella Academy na Netflix.
A anterior entrega de Mortal Kombat estreou-se simultaneamente nas salas de cinema e mais na canle HBO Max en abril de 2021, chegando ao número 1 en recadación nos despachos de billetes e resultando asemade unha das películas mais vistas da história do servizo de streaming.
Lewis Tan, Jessica McNamee, Josh Lawson, Joe Taslim, Mehcad Brooks, Ludi Lin, Hiroyuki Sanada e Tadanobu Asano foron os seus protagonistas.