EN BREVE 13. May 2022 O actor californián Fred Ward finou o pasado día 8 aos 79 anos de idade. Coñecido sobre todo polo seu papel de Earl Basset na franquía de Tremors , tivo unha carreira na que protagonizou filmes coma Cast a Deadly Spell e The Crow: Salvation , e converteu-se nunha face popular entre os fans grazas ás súas aparicións en The Incredible Hulk , UFOria ou Invasion: Earth . A súa derradeira aparición nas pantallas foi no thriller da HBO True Detective en 2015.
13. May 2022 Christopher Walken ven de se facer cun pequeno pero moi cobizado papel na segunda parte de Dune : o do emperador Shaddam IV. O persoaxe fora interpretado por José Ferrer no filme de David Lynch de 1984, e completa o elenco dos tres que non estiveron na primeira parte pero que sairán na segunda: Florence Pugh coma a princesa Irulan e Austin Butler coma Feyd. A rodaxe de Dune: Part Two comezará en xullo en Budapest ás ordes de Denis Villeneuve .
12. May 2022 O remake de The Toxic Avenger que está a rodar a Legendary Entertainment ven de acadar unha clasificación "R" (para maiores de 18) por mor de "violéncia estrema e gore, linguaxe, referéncias sexuais e breve nudez". Elijah Wood , Julia Davis , Taylour Paige , Kevin Bacon , Peter Dinklage e Jacob Tremblay son os protagonistas desta versión contemporánea do clásico filme da Troma de 1984.