A série mais lonxeva do universo DC na canle The CW, The Flash, contará cunha novena e posibelmente derradeira tempada, após de que o seu protagonista, Grant Gustin, asinara o contrato para regresar un ano mais, aínda que a oferta que lle fixeran era por vários anos. Co novo contrato, ademais dunha suba do soldo, só deberá aparecer en 15 episódios.