It Takes Two será adaptado ás pantallas

141

A Hazelight Studios e mais a dj2 Entertainment adaptarán para o cinema e a televisión ún dos grandes éxitos da indústria dos videoxogos do ano pasado, o título It Takes Two, gañador do prémio ao mellor xogo do ano nos Game Awards de 2021.

O xogo, que foi publicado pola Electronic Arts, é unha aventura con acción e elementos de plataformas e vai sobre as aventuras de Cody e May, unha parella a piques de se divorciar que por mor dun meigallo é transformada nun par de bonecos viventes. Atrapados nun mundo fantástico, deberán superar a súa relación rachada nunha série de desafíos para regresaren á normalidade mentres a súa filla bóta-lles a culpa do fracaso.

It Takes Two non ten un modo xogador ou multixogador: debe xogar-se necesariamente xunto cun amigo, xa sexa en persoa ou online. O ano pasado recibiu algunhas das mellores críticas da prensa especializada e as súas vendas xa van por riba dos tres millóns de cópias.

Polo de agora non hai estudos ou canles vencelladas ao proxecto, que se atopa á venda nunha poxa pola que seica moitos están xa interesados. Os guionistas de Sonic the Hedgehog, Pat Casey e Josh Miller, serán os responsábeis de adaptar o videoxogo ás pantallas.