Dern e Cumberbatch nun mundo sen soños

131

Laura Dern, Benedict Cumberbatch e mais Noah Jupe (o neno de A Quiet Place) serán os protagonistas de Morning, a nova longametraxe de ciéncia-ficción do australiano Justin Kurzel (Assassin’s Creed) para a SunnyMarch.

A história ten lugar nun futuro próximo onde a sociedade toma unha pílula coa que xa non é necesário ir durmir. Coa axuda dun sol artificial, seica non hai un fin para a luz do día e todos poden traballar sen parar. Nombergantes, mentres unha nova xeración vai medrando privada do soño, consideran a posibilidade de se rebelar para reclamaren o seu dereito a soñar.

Dern interpreta a unha nai recentemente viúva. O seu fillo é Jupe e Cumberbatch fai o papel do seu home. Mentres o fillo é arrastrado a un submundo subversivo de soñadores, a nai debe enfrontar-se aos seus pesadelos e loitar duramente para non perde-lo.

Sam Steiner escribiu o guión, que producirán Adam Ackland e Leah Clarke. A data de comezo da rodaxe aínda deberá programar-se, porque a axenda de Cumberbatch está nestes intres abondo cargada.