O realizador Rawson Marshall Thurber, quen até agora só dirixira comédias de acción, ven de recibir o encargo de escribir o guión e de dirixir o episódio piloto dunha nova série de televisión baseada na clásica franquía dos xogos de rol Dungeons & Dragons para a Entertainment One.
Thurber ademais será o produtor executivo e supervisará creativamente a série, que contará con episódios dunha hora. O popular xogo de rol de fantasía é publicado na actualidade dende 1997 por Wizards of the Coast, unha empresa filial da Hasbro, pero foi deseñado por Gary Gygax e Dave Arneson en 1974.
Agárda-se que a série sexa a pedra angular dun novo universo televisivo baseado en D&D, que comprenderá tanto programas con guión coma sen eles.
A eOne e a Paramount remataron hai pouco a produción dunha longametraxe de D&D que polo de agora aínda non ten título definitivo, pero que está protagonizada por Chris Pine, Rege-Jean Page, Michelle Rodriguez, Hugh Grant, Sophia Lillis e Justice Smith, e que ten prevista a estrea para 2023.