A Alícia mais sinistra

686

A Radar Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ás pantallas de cinema e de televisión a franquía de videoxogos da Electronic Arts American McGee’s Alice, para o cal xa contan co guionista David Hayter (X-Men) para que escriba e produza unha série en asociación coa Abandon Entertainment.

A propiedade, que tamén inclúe o xogo secuela Alice: Madness Returns, está baseada nos clásicos libros Alice in Wonderland e Alice Through the Looking Glass de Lewis Carroll, e comeza cando Alícia regresa á súa casa após das súas aventuras, pero atopa que esta foi destruída nun incéndio e que os seus pais morreron.

Após de tentar cometer suicídio, Alícia é ingresada nun asilo onde comeza a se volver tola, até que o coello branco a chama de volta ao País das Marabillas, agora baixo o poder de forzas maléficas.

Anthony Tringali, Maria Frisk, Michael Napoliello, Karen Lauder e Marcus Ticotin producirán esta série, que ademais contará con Ted Field coma produtor executivo.