Messina e Thatcher contra o Papón

1186

Sophie Thatcher (Prospect, The Book of Boba Fett) e mais Chris Messina (Victor Zsasz en Birds of Prey) liderarán o elenco de actores que adaptará no cinema o emblemático conto de Stephen King The Boogeyman para a 20th Century Studios e a Hulu.

O conto é un dos vinte incluídos na mais famosa escolma de King, Night Shift, e vai sobre un home que visita a un psiquiatra para lle contar como cadaún dos seus tres fillos foi asasinado no berce polo Papón, unha presenza sádica que está a persegui-lo.

Porén nesta nova versión a protagonista é unha rapaza adolescente e mais o seu irmán pequeno, quen descubren que son perseguidos por unha presenza sinistra na súa casa e deben loitar para que o seu pai, que ven de enviuvar, lles preste atención antes de que sexa demasiado tarde.

Mark Heyman (Black Swan) e Akela Cooper (Malignant) escribiron o guión, ao que tamén contribuíron Scott Beck e Bryan Woods (A Quiet Place).

Rob Savage (Host) estreará-se coma director dunha grande produción, que Shawn Levy, Dan Levine e Dan Cohen producirán. A rodaxe ten previsto comezar xa o mes que ven en New Orleans e a estrea será na Hulu.