Precuelas para Batman e Supernatural

945

A CW ven de encargar a produción de dous episódios piloto para dúas novas séries: unha titulada Gotham Knights, que estaría ambientada no universo da DC Comics, e ademais unha precuela dun dos seus maiores éxitos: Supernatural. En ambos casos dirixidas ao público mais fiel da canle: os adolescentes.

Gotham Knights comezará xusto despois de que Bruce Wayne sexa asasinado e o seu fillo rebelde forxe unha alianza cos fillos dos inimigos de Batman, todo mentres son acusados inxustamente polo crime. A série en princípio non gardará relación coas outras do Arrow-verso da mesma canle.

Pola súa banda, The Winchesters será unha precuela de Supernatural, esta vez centrada nos pais de Dean e Sam Winchester, John e Mary, e contará a épica história de amor de como se coñeceron e de como comezaron a súa aventura, dirixida a salvar ao mundo.

Ademais, a CW encargou a produción de seis episódios para o seu proxecto baseado no Zorro, pero esta vez protagonizado por unha rapaza.