Dakota Johnson está a manter conversas para interpretar ao persoaxe principal do filme Madame Web, que dirixirá S.J. Clarkson para a Sony Pictures.
O persoaxe, que adoita aparecer nos cómics de Spiderman na Marvel, é unha vidente mutante especializada en predicir o futuro dos superheroes. Ela é debuxada coma unha velliña paralítica, rodeada dunha máquina con forma de arañeira que precisa para se manter viva. Para o filme, e dado que Johnson ten só 32 anos, o mais probábel é que Madame Web rexuveneza un chisquiño e pase a ser unha muller de acción.
Madame Web é ademais a mentora de várias xeracións de heroínas que usaron o nome de Spider-Woman. Matt Sazama e Burk Sharpless, que xa traballaron xuntos en Morbius, escribiron o guión.
Este proxecto ven deste xeito a se unir a outras dúas películas da Sony que tamén están protagonizadas por persoaxes secundários dos cómics do gabea-muros: Morbius (a estrear xa en abril) e Kraven the Hunter (con Aaron Taylor-Johnson).