Unha série secuela de Orphan Black

928

A guionista Anna Fishko (Fear the Walking Dead, The Society) ven de recibir o encargo de escribir e ser a produtora executiva dun novo programa de televisión baseado na série de ciéncia-ficción canadiana Orphan Black para a canle AMC.

John Fawcett e Graeme Manson crearon a série orixinal, que se estreou en 2013 e durou cinco tempadas. Nela, Tatiana Maslany interpretaba a Sarah Manning, unha muller que descubre que é unha clon e que alguén está a tentar mata-la tanto a ela coma ás súas “irmás” clons. Por este papel, Maslany gañou un Emmy á mellor actriz en 2016.

Nestes intres os estudos están a contratar guionistas para traballaren xunto a Fishko. Aínda que os detalles do argumento da nova série non se deron a coñecer, a Boat Rocker Studios, a compañía produtora, quixo deixar claro que este non será un reinício da série orixinal, senón unha nova história ambientada no mesmo mundo.