Ramsey e LeBron arrostran os vampiros

157

Peter Ramsey, un dos dous co-directores do filme gañador do Oscar Spider-Man: Into the Spider-Verse, ven de pór os ollos nun novo proxecto, e esta vez con acción real: o thriller de vampiros Blood Count para a Paramount Pictures e a SpringHill.

O proxecto é un drama de época, xa alcumado coma thriller social de xénero negro, ambientado nos anos 50 en Los Angeles, e por suposto con elementos sobrenaturáis. O filme estaría mais ou menos inspirado pola vida do pai de Ramsey, que foi un músico de jazz.

Seica o mesmo Ramsey escribiu o guión coma un primeiro esbozo e será o director da longametraxe, que polo de agora se atopa só nos seus primeiros chanzos. O xogador da NBA LeBron James será o produtor, xunto a Jamal Henderson e a Spencer Beighley.