A Hulu resucita Futurama

213

Case dez anos despois de que rematase a série, Futurama regresará cunha nova quenlla de vinte episódios na Hulu.

A série de debuxos animados creada por Matt Groening e David X. Cohen xa contou con resurreccións anteriores: na canle Fox emitiu-se durante cinco tempadas, e logo na canle Comedy Central outras tres adicionais. Agora regresará á produción a partir xa deste mesmo mes, coa ideia de poder estrear ao longo de 2023 e engadir deste xeito 20 novos episódios aos 140 cos que conta en total até o momento.

Os actores orixinais, Billy West (Fry) e Katey Sagal (Leela) regresarán xunto a Tress MacNeille, Maurice LaMarche, Lauren Tom, Phil LaMarr e David Herman. A única dúbida polo de agora é John DiMaggio, quen forneceu a voz do robot Bender, e que aínda non asinou o seu contrato. A Hulu afirma que caso de non face-lo, buscarían-lle un substituto.

Ademais, a Rough Draft Studios fará-se cargo da animación, coma xa o fixera nas tempadas prévias.