Fleischer nunha versión de Jak and Daxter

735

Ruben Fleischer, o director da longametraxe aínda por estrear Uncharted, ven de confirmar que está a traballar nunha adaptación ao cinema doutra das clásicas franquías da compañía de videoxogos Naughty Dog, nesta ocasión Jak and Daxter.

Fleischer dixo que está a traballar coa ideia de lle poñer unha face nas pantallas á emblemática parella de heroes dos videoxogos: “Realmente estou a traballar con Jak and Daxter, unha versión dela, para a PlayStation, que coido que sería realmente guai de lles dar vida“.

A série de videoxogos de plataformas foi unha das mais clásicas da consola PlayStation 2 antes de que a Naughty Dog decidira cambiar-se ás franquías de Uncharted e The Last of Us, que tamén contan ou contarán axiña cunha versión nas pantallas.

Durante unha das súas roldas de promoción, a estrela de Uncharted, Tom Holland, dixo que lle gustaría protagonizar unha adaptación de Jax and Daxter para a A24. Iso probabelmente non vaia acontecer, e nestes intres aínda mesmo non está claro se a versión de Fleischer sería con actores reais ou con debuxos animados.

Uncharted pola súa banda estréa-se a semana que ven, o venres día 18.