Russell Crowe noutra da Marvel

282

O polémico actor novacelandés Russell Crowe ven de unir o seu nome ao elenco que lle dará vida aos protagonistas de Kraven the Hunter, o filme sobre o superfalcatruán inimigo de Spiderman que a Sony Pictures e a Marvel están a producir.

Aaron Taylor-Johnson asinou un contrato por várias películas para facer o papel do cazador e vilán ruso que atormenta ao gabeamuros nas páxinas dos cómics. Os detalles do argumento do filme aínda están por se dar a coñecer, pero xa se sabe que moitos dos persoaxes principais serán membros da família de Kraven, polo que pode que esta sexa unha narración das súas orixes.

En todo caso, esta será a segunda vez que Crowe entre no elenco dunha película da Marvel, despois de facer o papel de Zeus no vindeiro Thor: Love and Thunder de Taika Waititi.

J.C. Chandor dirixe a longametraxe a partir dun guión de Art Marcum, Matt Holloway e Richard Wenk. Avi Arad e Matt Tolmach serán os produtores, e a estrea será dentro dun ano: o 13 de xaneiro de 2023.