A Fox á procura de lobishomes

0
212

werewolfA canle Fox vai desenvolver Bitches, unha nova série de televisión cun toque de comédia sobre un cuarteto de amigas en New York que son lobishomes (ou no seu caso, lobismulleres), todo a cargo do coguionista de Superman Returns, Michael Dougherty

A parella de recoñecidos guionistas de televisión composta por Gretchen Berg e Aaron Harberts entrarán no proxecto para supervisar a Dougherty. Ademais, os tres serán produtores executivos da série, que se chega a ser realidade, será un estrafalário conto de fadas urbano, segundo din. 

Bitches continua asemade o tema dos lobishomes que xa tratou Dougherty no se recente filme de terror Trick ‘r Treat, ainda por estrear.

Berg e Harberts foron os produtores executivos da série recentemente cancelada pola ABC/WBTV Pushing Daisies.