Helen Shaver dirixirá o episódio piloto e será a produtora executiva do reinício da clásica série de ciéncia-ficción dos anos 90 Quantum Leap na canle NBC.
Shaver conta cunha extensa experiéncia no xénero, e entre os seus cretos hai episódios de Station Eleven, Lovecraft Country, Westworld, Snowpiercer e Orphan Black.
A Universal Television producirá este novo intento de rescatar do esquecemento a série orixinal, situando a acción trinta anos despois de que o doutor Sam Beckett (Scott Bakula) entrara no acelerador cuántico e desaparecera. Agora, formou-se unha nova equipa coa esperanza de entender os mistérios após da máquina e do home que a creou.
O mesmo Bakula non está vencellado ao proxecto, nin coma actor nin coma produtor, pero mantivo conversas sobre a posibilidade de repetir o seu papel. Nombergantes, polo de agora non hai nada decidido, e o primeiro paso é que a série continúe após do piloto.
Quantum Leap conta con Steven Lilien e Bryan Wynbrandt, quen xa traballaran xuntos en Gotham con anterioridade, coma guionistas e produtores executivos. Ademais deles, están a bordo Martin Gero (creador de Blindspot), o creador da série orixinal dos 90, Don Bellisario, e mais a guionista orixinal Deborah Pratt.