A HBO Max ven de anunciar que comezou a rodaxe dunha segunda tempada da popular comédia de terror 30 Monedas, con Álex de la Iglesia dirixindo unha nova quenda de 8 episódios que contarán co regreso de todo o elenco orixinal, con Miguel Ángel Silvestre á fronte. A localización dos escenários terá lugar esta vez en España, Itália, Franza, Estados Unidos e Inglaterra, e a estrea está prevista para 2023.