EN BREVE 22. Nov 2023 A Warner Bros. Pictures ven de anunciar a contratación de Skyler Gisondo (Santa Clarita Diet ) para interpretar ao fotógrafo do Daily Planet Jimmy Olsen, e mais á actriz e modelo portuguesa Sara Sampaio (Sombra ) para o papel de Eve Teschmacher, a axudante de Lex Luthor, no novo filme de James Gunn Superman: Legacy , que conta cun guión do mesmo Gunn e ten prevista a estrea para o 11 de xullo de 2025.
21. Nov 2023 O actor inglés Nicholas Hoult (Henry McCoy na saga de X-Men) será o supervilán Lex Luthor na vindeira película de James Gunn Superman: Legacy . O nome de Hoult fora rumoreado durante moitos meses e ven a se unir a un elenco no que figuran xa David Corenswet e Rachel Brosnahan (Superman e Lois Lane respectivamente), Nathan Fillion (Guy Gardner), Maria Gabriela de Faria (The Engineer), Isabela Merced (Hawkgirl), Edi Gathegi (Mr. Terrific) e Anthony Carrigan (Metamorpho). A rodaxe ten previsto dar comezo o ano que ven e a estrea será o 11 de xullo de 2025.
17. Nov 2023 A Peacock ven de anunciar que o 11 de xaneiro estreará os sete episódios da primeira tempada de Ted , a série que serve de precuela aos dous filmes homónimos protagonizados por Mark Wahlberg na Universal Pictures. A série sitúa-se en 1993, cando a fama do peluxe Ted (Seth MacFarlane ) pasou e vive na súa casa de Framingham, Massachusetts, coa família do seu mellor amigo, un rapaz de 16 anos. McFarlane é o produtor executivo, guionista e director.