A Warner Bros. Pictures ven de contratar ao guionista de Black Adam, Adam Sztykiel, para que escriba e dirixa para a HBO Max un filme con acción real baseado nos Wonder Twins, os persoaxes da DC Comics.
Os Wonder Twins son unha parella de xemelgos extra-terrestres chamados Zan e Jayna, que foron creados na série da Hanna-Barbera The All-New Super Friends Hour, un programa de debuxos animados para nenos dos anos 70, antes de pasar ás páxinas dos cómics en 1977 e convertir-se en persoaxes oficiais do universo da DC.
Coa súa frase “Wonder Twin power, activate” (Poder dos Xemelgos Fantásticos, actíve-se!) Jayna transformába-se en calquera animal, mentres que Zan podía transmutar-se en auga. A parella estaba ademais acompañada por un mono de cór verde.
Aínda que houbo vários intentos por facer deles uns persoaxes sérios, a parella nunca deixou de azorrar unha sona infantil e cómica. Na tele apareceron en séries coma Teen Titans Go!, Smallville e The Flash.
Marty Bowen e Wyck Godfrey producen este proxecto.