John Cena contra o Coiote

146

John Cena (Peacemaker) ven de pechar un acordo para protagonizar Coyote vs ACME, o longamente agardado proxecto de longametraxe que mesturará acción real con gráficos xerados por computadora para a Warner Bros. Pictures.

A película narrará a história dun avogado sen sorte que acepta coma cliente a Wile E. Coyote, o clásico persoaxe da Looney Tunes. O Coiote quere demandar á Acme polos seus produtos defectuosos, pero o avogado descubre que o seu xefe (Cena) na súa antiga empresa está a representar á Acme.

Dave Green (Teenage Mutant Ninja Turtles: Out of the Shadows) dirixirá o filme a partir dun guión que Samy Burch escribiu, baseado á súa vez nun artigo cómico de Ian Frazier que publicou a revista New Yorker en 1990.

Chris DeFaria e James Gunn serán os produtores, e a rodaxe dará comezo a finais de marzo en New Mexico.