A HBO Max renova ao Peacemaker

206

PeacemakerA HBO Max ven de renovar para unha segunda tempada a aclamada série Peacemaker que James Gunn creou para o universo estendido da DC, segundo anunciaron o mesmo Gunn e mais o seu protagonista, John Cena, onte nas súas contas en médios sociais. A segunda tempada contará con todos os episódios escritos e tamén dirixidos por Gunn, mentres que o derradeiro episódio da primeira tempada emíte-se hoxe xoves.