Watts nunha nova série de Star Wars

128

Jon WattsO responsábel de Spider-Man: No Way Home, Jon Watts, podería estar a manter conversas para dirixir polo menos un episódio dunha nova série de Star Wars para o servizo da Disney+. Jon Favreau sería o produtor executivo e a rodaxe comezaría este verán, centrada nunha “nova xeración de heroes” da Alta República, dous séculos antes das precuelas. Polo de agora, Watts ten choio para rato, co reinício dos Catro Fantásticos e a sexta entrega de Final Destination.