O Xefe Mestre amosará a súa face

793

HaloA vindeira adaptación ás pantallas da franquía de videoxogos Halo na Paramount+ vai facer algo que os xogos nunca fixeran: amosar a face do seu protagonista, o Xefe Mestre. Kiki Wolfkill, produtor executivo da série, confirmou que veremos a Pablo Schrieber sen o seu emblemático casco. Se isto será unha excepción coma en The Mandalorian, ou se será algo habitual, é unha pregunta cuxa resposta terá que agardar até a estrea, o 24 de marzo.