Hechinger úne-se ao reparto de Kraven

127

Após do seu éxito o ano pasado na triloxía Fear Street da Netflix, o actor Fred Hechinger é a mais recente incorporación ao elenco de Kraven the Hunter, o filme que están a desenvolver a Marvel e a Sony Pictures.

Aínda que está sen confirmar, Hechinger faría o papel de Chameleon, o médio-irmán de Kraven (Aaron Taylor Johnson) nesta longametraxe que J.C. Chandor dirixirá a partir dun guión de Art Marcum, Matt Holloway e Richard Wenk.

O cazador e xogador ruso Kraven é un dos meirandes superfalcatruáns no universo de Spiderman, no que conta cunha grande tradición, e o filme seica amosará a vários membros da súa família coma persoaxes principáis. Entre eles está Russell Crowe. Chameleon pola súa banda é un mestre dos disfraces e capaz de se facer pasar por calquera persoa.

Avi Arad e Matt Tolmach son os produtores deste filme, cuxa estrea está prevista en princípio para o 13 de xaneiro de 2023.