Simu Liu dí-lle óla aos estraños

535

O protagonista de Shang Chi, Simu Liu, ven de unir o seu nome aos de Sam Worthington, Jordana Brewster, Robbie Amell e Alicia Sanz no elenco do thriller Hello Stranger, que xa se atopa en rodaxe en Toronto (Canadá).

A história vai sobre Faye, unha muller que está a tentar substituír ao seu home Evan, que ven de finar, cun androide de simulación (SIM). O problema é que Faye non sente o mesmo amor polo SIM Evan que o androide sente por ela, e o SIM remata á fuga perseguido por un axente do governo que caza androides que poderían ser un perigo para a humanidade.

April Mullen (Wander) dirixe a partir dun guión de Ryan Christopher Churchill. Tim Doiron e James van der Woerd producen.