Cando só fica unha semana para a súa estrea, o director de The Batman, Matt Reeves, ven de revelar que as conversas para a secuela xa deron comezo. Porén, engadiu que a primeira película é autoconclusiva e non ten un final que dea lugar a un segundo capítulo. Ademáis, e ao respeito da cualificación “para maiores e 13 anos” do filme, confirmou que nin vai haber versión para maiores de 18, nin nunca se previu que fora existir.