Charlie Cox confirma o regreso de Daredevil

375

O protagonista de Daredevil, Charlie Cox, ven de confirmar que repetirá o seu papel de Matt Murdock nun futuro proxecto do universo cinemático da Marvel.

Cox protagonizou a série de televisión Daredevil, que se emitiu na Netflix orixinalmente dende 2015 a 2018, e mais recentemente repetiu o seu papel nun cameo na pantalla grande, no filme Spider-Man: No Way Home.

Mentres falaba nunha entrevista, onte revelou que está ao tanto dos plans para aparecer nas pantallas de novo no papel do Home Sen Medo:

Sei algo“, apuntou. “Non sei moito, pero sei que haberá algo mais“.

Cox comentou que após de rematar a série en 2018 recibiu unha chamada para saír na seguinte película de Spiderman, que nun princípio ía ser ao redor de 2020, pero que mais tarde temeu que o seu regreso non se produciría nunca:

Recibín unha chamada dicindo ‘Queres volver? Queres estar en Spider-Man?’ eu eu dixen ‘Obviamente si! Iso sería estupendo. Estou emocionado. Gostaría-me moito facer iso’. Eles dixeron ‘Xenial, estaremos en contacto’, e logo non volvín oír falar deles durante dous meses! Cheguei a un punto no que me dixen ‘É que soñei isto?’ – Definitivamente cheguei a un punto onde dixen ‘non sei o que vai acontecer’. Pero logo recibín unha nova chamada“.

O persoaxe de Cox, o avogado Murdock, aparece nunha soa escena do filme, ofrecendo a Peter Parker (Tom Holland) consello legal despois de que a súa identidade secreta fora revelada ao mundo. Aínda que os fans especularon con que o persoaxe ía ter un papel mais grande, Cox confirmou que a súa intervención sempre foi concibida coma un cameo moi pequeno.

A súa aparición foi totalmente inesperada e os fans recibiron a sorpresa xa dentro da sala de cinema. Cox mesmo entrou nunha sesión para ser testemuña directa da reacción dos fans, pero o resultado non foi o que el agardaba:

É gracioso, recibín tantas mensaxes e tantas chamadas sobre ese intre no cinema… o meu sobriño mandou-me unha gravación de todo o mundo celebrándo-o. Así que entrei nunha sala e fiquei no corredor… e lamentabelmente, a miña experiéncia foi fodidamente silenciosa. Fiquei moi decepcionado, a miña muller estaba comigo gravándo-me, porque sería gracioso ver ese intre con todo o mundo vitoreando, e daquela… unha pranta rodante no deserto!“.