Outlander terá unha precuela

766

A canle Starz, que en Europa é distribuída a través da Disney+, está a desenvolver unha precuela da súa série folletinesca e de ciéncia-ficción Outlander.

O produtor executivo e showrunner Matthew B. Roberts será o encargado de escribir a nova série e de contratar a mais guionistas a partir das vindeiras semanas. Polo de agora non se coñece que argumento terá esta precuela, porque a actual série, na que unha rapaza viaxa polo tempo e se namora dun aposto galán de séculos pasados, ven adaptando un libro por tempada a partir das novelas orixinais da escritora Diana Gabaldon.

Ronald D. Moore, que desenvolveu Outlander para a televisión, será o produtor executivo da nova série xunto a Maril Davis, da Sony Pictures Television, e mais o mesmo Roberts.

A sexta tempada de Outlander comezará o seis de marzo e a sétima tempada xa recibiu a luz verde.