Chris Hemsworth será o vilán de Furiosa

896

Segundo ven de revelar o escritor Kyle Buchanan no seu recente libro Blood, Sweat & Chrome: The Wild and True Story of Mad Max: Fury Road, o principal vilán da vindeira precuela da saga de Mad Max, Furiosa, será nada menos ca Chris Hemsworth, facendo deste xeito o seu debut coma o “malo” dunha película.

P. J. Voeten, produtor e axudante de dirección en Mad Max: Fury Road, explicou como se decidiron por contratar a Hemsworth:

George [Miller, director do filme] viu a Chris inicialmente só coma unha cortesía, pero logo namorou-se da ideia. Vai facer algo totalmente contra o seu tipo, o principal malo. Lamentabelmente, temos que atopar a todos os nosos persoaxes que xa non están por aquí: un novo Immortan, un novo Bullet Farmer, e uns cantos mais“.

Hemsworth será un novo vilán de seu e non fará o papel de ningún dos que desapareceran na anterior entrega, aínda que hai outros dentro da franquía aos que si podería interpretar. Ademais, algúns dos persoaxes aos que xa vimos en Fury Road regresarán nesta precuela.

Furiosa ten a estrea prevista para o 24 de maio de 2024.