DiMaggio regresa coma Bender a Futurama

92

John DiMaggioJohn DiMaggio ven de ser confirmado oficialmente para regresar ao seu papel do robot Bender no relanzamento da série Futurama na Hulu. DiMaggio pechou onte un acordo polo que lle porá a voz a Bender e mais a outra chea de persoaxes na série, asegurando deste xeito o regreso de todos os compoñentes do elenco orixinal a partir de 2023.