Grimm do videoxogo ao cómic

0
183

CinderellaA editora de cómics IDW ven de anunciar que en abril de 2009 aparecerá o primero número dunha minisérie composta por cinco entregas de American McGee’s Grimm, a versión en cómic dos videoxogos de McGee creados na Gametap.

No cómic veremos ao maléfico anano Grimm, un sinistro persoaxe a quen lle dá pracer ocasionar toda caste de caos, invadindo os paisaxes típicos dos cómics e deixándoos en ruinas: cómics de superheroes, westerns, aventuras…

É moi divertido ver o transformador “efecto Grimm” aplicado a universos narrativos afastados dos clásicos contos dos irmáns Grimm“, revelou o deseñador de videoxogos American McGee nunha rolda de prensa. “O mundo precisa mais disto – expoñer-se á valente e por veces dorósa verdade da condición humana – xa sexa na ben merecida morte de Carrapuchiña Vermella ou nos escenários contrários ao “os bós gañan” que todos coñecemos que están ben afastados da realidade cotiá“.