Esmail fará unha série de Metropolis

139

Após do seu soado fracaso con Foundation, o servizo de streaming exclusivo para os posuidores dos prohibitivos aparellos da megacorporación Apple tentará novamente facer unha série de ciéncia-ficción baseada nunha franquía clásica, pero esta vez van ir atrás no tempo unhas cantas décadas mais.

A Apple TV+ ven de encargar a Sam Esmail, o responsábel de Mr. Robot, que adapte para a tele o clásico filme de 1927 Metropolis, do realizador alemán Fritz Lang.

O filme orixinal, unha película expresionista muda e en branco e negro, estaba ambientado nun futuro distópico urbán no que as clases opulentas asoballan ás clases traballadoras, que viven baixo terra. Os seus protagonistas eran Freder, o fillo do amo da cidade, e Maria, unha rapaza pobre. O resultado foi moi criticado na súa época pola súa suposta mensaxe comunista, pero hoxe en día é un clásico recoñecido mundialmente coma obra mestra.

A versión de Esmail é parte dun acordo que ten coa UCP e probabelmente se asemelle mais á novela orixinal de 1925 escrita por Thea Von Harbou. Esmail e Chad Hamilton serán os seus produtores executivos.