A Disney+ trae as séries de Netflix

117

The DefendersA Disney+ ven de confirmar que as seis séries da Marvel creadas pola Netflix (Daredevil, Jessica Jones, Luke Cage, Iron Fist, The Punisher e The Defenders) poderán ver-se no seu servizo a partir do 16 de marzo nos Estados Unidos, mentres que para o resto do mundo haberá que agardar ao longo deste ano. Mália que non son para nenos, todas as séries emitirán-se sen editar, pero haberá que establecer unha clave de acceso para ve-las.