O realizador uruguáio Fede Álvarez, responsábel de filmes coma Don’t Breathe ou Evil Dead, escribirá e dirixirá unha nova longametraxe orixinal e autoconclusiva da franquía de Alien para a 20th Century Studios.
Ridley Scott producirá este título, que non gardará relación cos filmes anteriores e fará-se coa intención de se estrear directamente no servizo de streaming da Hulu. Seica Álvarez presentara esta versión hai uns anos a Scott, pero non foi até finais de 2021 cando Scott regresou sobre o tema e preguntou a Álvarez se aínda estaba disposto a facer o filme.
O presidente da 20th Century Studios, Steve Asbell, revelou esta semana que os plans son facer polo menos dez filmes ao ano na Hulu, que pertence á Disney, e deles só dous ou tres se estrearían nas salas de cinema. Este sistema permitiría facer mais experimentos narrativos, e o proxecto de Alien seguirá deste xeito os pasos de Prey, o filme de Dan Trachtenberg dentro da saga de Predator que se estreará no devandito servizo a finais de ano.
Asbell engadiu que a 20th Century se fixo cos dereitos do novo Alien confiando no traballo de Álvarez: “é unha história realmente boa cunha chea de persoaxes que non víchedes antes“.