Will Smith e mais Michael B. Jordan serán as estrelas e ademais producirán unha secuela do éxito I Am Legend que protagonizou o mesmo Smith en 2007 para a Warner Bros. Pictures.
Akiva Goldsman, que adaptou para a pantalla a clásica novela orixinal de Richard Matheson de 1954, regresará para esta segunda parte, que non só escribirá senón que ademais tamén producirá, xunto Elizabeth Raposo, Greg Lessans e Jon Mone.
O filme de 2007 estaba ambientado anos despois de que unha praga matara á meirande parte da humanidade e transformara en monstros aos superviventes, ficando tan só un derradeiro ser humano inmune (Smith), loitando no médio de New York por atopar unha cura. Francis Lawrence dirixiu o filme, que recadou daquela 585 millóns de dólares en todo o mundo. Polo de agora non hai director vencellado á nova secuela.
Nestes intres aínda non se deu a coñecer ningún detalle do argumento.