Raymond Lee protagonizará o novo Salto no Tempo

560

A NBC ven de se facer cos servizos de Raymond Lee, un actor que até agora só fixera principalmente comédias, para que protagonice o episódio piloto da nova versión da série Quantum Leap.

A nova série ten lugar 30 anos despois de que o doutor Sam Beckett (Scott Bakula) entrara no acelerador cuántico e desaparecera. Agora unha nova equipa ven de se formar para reiniciar o proxecto, coa esperanza de comprender os mistérios da máquina e do seu creador.

Lee fará o papel do mundialmente famoso físico Dr. Ben Seong, un home de fe que está a traballar para recomezar o proxecto de viaxe polo tempo coñecido coma “Salto no Tempo” (ou Quantum Leap, no orixinal).

Steven Lilien e Bryan Wynbrandt (La Brea) escribirán o episódio piloto e ademais serán os produtores executivos.