Landis na biografía de Gaines

1104

John LandisJohn Landis dirixirá Ghoulishly Yours, William M. Gaines, un filme biográfico baseado na vida do editor de EC Comics e mais da popular revista humorística Mad.

Landis desenvolverá o proxecto xunto a Joel Eisenberg, quen tamén está a escribir o guión.

O filme céntra-se nun grupo de artistas e escritores anti sistema, liderados por un pouco entusiasta Gaines e mais o seu parceiro Al Feldstein, mentres producen os seus cómics. No cúmio do seu éxito, Gaines convírte-se nun defensor da Primeira Enmenda da Constitución americana (a que fala da liberdade de expresión) por mor do seu testemuño perante unha comisión do Senado que investigaba aos cómics coma fonte da delincuéncia xuvenil.