Russian Doll comeza a segunda tempada

59

Russian DollA Netflix ven de anunciar a data do 20 de abril para a estrea da segunda e agardada tempada da súa série Russian Doll, protagonizada por Natasha Lyonne, quen ademais é a showrunner e produtora. Ambientada seis anos despois de que Nadia (Lyonne) fuxira do bucle temporal, nesta tempada deberá, xunto con Alan (Charlie Barnett) afondar no seu pasado a través dun portal temporal situado en Manhattan.