Ernie Hudson úne-se ao Salto no Tempo

104

O cazapantasmas Ernie Hudson ven de se facer cun dos papéis protagonistas no episódio piloto da nova série que continuará as aventuras de Quantum Leap na canle NBC.

A nova série, protagonizada por Raymond Lee, ten lugar 30 anos despois de que o doutor Sam Beckett (Scott Bakula) entrara no acelerador cuántico e desaparecera. Agora unha nova equipa ven de se formar para recomezar o proxecto, coa esperanza de comprender os mistérios que se agochan após da máquina e do seu creador.

Lee interpreta ao mundialmente famoso físico Dr. Ben Seong, quen mentres traballa neste proxecto de viaxes polo tempo ficará atrapado a finais dos anos 80 con amnésia despois de usar a tecnoloxía.

Hudson interpreta a Herbert “Magic” Williams, un veterán de Vietnam que é agora o director do proxecto Quantum Leap. Grazas a algunhas habilidades políticas, é capaz de manter ao Pentágono fóra do asunto, mentres tenta facer tempo para rescatar a Ben.

Steven Lilien e Bryan Wynbrandt (La Brea) escribiron o guión do episódio piloto e serán ademais os produtores executivos, xunto a Martin Gero, Don Bellisario e Deborah Pratt. A série conta coa produción da Universal Television.