O actor de What We Do In Shadows Harvey Guillén está a manter conversas para se facer cun papel moi importante pero aínda sen especificar no filme Blue Beetle que sobre o famoso superheroe da DC Comics está a preparar a Warner Bros. Pictures.
Ademais, Bruna Marquezine e Belissa Escobedo uníron-se xa ao elenco, neste caso para interpretaren a Penny, a ex-moza do protagonista, e mais á súa irmá pequena, Milagros.
O proxecto estaba nun princípio destinado a se estrear directamente na HBO Max, o mesmo có filme de Batgirl, pero as novas indican que será finalmente proxectado nas salas de cinema a partir do 18 de agosto de 2023.
A história en todo caso vai sobre Jaime Reyes, a mais recente versión do superheroe, creada a partir de 2006. Reyes é un adolescente mexicano-americano que descobre un escarabello azul nun soar abandoado mentres regresaba á casa do coléxio. O escarabello revive e enxérta-se no fío do lombo de Jaime, fornecéndo-lle unha armadura extraterrestre que pode modificar a súa velocidade e a súa forza, así coma crear armas, ás e escudos.
O actor de Cobra Kai Xolo Maridueña protagoniza o filme, que Ángel Manuel Soto dirixe a partir dun guión de Gareth Dunnet-Alcocer.