A série do Pingüín recibe a luz verde

619

A HBO Max ven de encargar xa de xeito oficial a produción dunha nova série titulada The Penguin, un spin-off da película de Matt Reeves The Batman, que nestes intres continúa a ser número 1 nos despachos de billetes.

Colin Farrell repetirá o seu papel coma o falcatruán Pingüín, e a série comezará xusto despois dos acontecementos do filme, narrando os intentos do vilán de se facer co poder da cidade, agora sumida no caos.

Reeves, Dylan Clark, Farrell e mais Lauren LeFranc serán os produtores executivos. LeFranc será o guionista e mais o showrunner.

Mentres tanto, Gotham PD, a outra série precuela, da que onte se anunciara que mudara o seu rumbo para se centrar no departamento de policía de Gotham, tamén ten novas, pero neste caso negativas, porque foi oficialmente desbotada e non se producirá.

O filme The Batman, pola súa banda, leva xa mais de 300 millóns de dólares recadados en todo o mundo.