Abortado o bebé de Rosemary

0
172

RosemaryA produtora de Michael Bay, a Platinum Dunes, que se fixo cun nome entre os afeccionados grazas as versións de filmes coma The Hitcher, O Terror de Amityville ou A matanza de Texas, ven de abandoar os seus plans para facer un remake do clásico do terror dos anos 70 de Roman Polanski O bebé de Rosemary (o filme que en España se titula La cemilla de diablo).

O produtor da Platinum Dunes Brad Fuller dixo: “percorrimos ese camiño e mesmo falamos cos millores guionistas e seica non se poderá facer. Non puidemos idear algo onde sentiu-se que era importante e non puidemos engadir-lle nada que non estivera xa alí así que non imos facer ese filme“.

Estas novas chegan non moito despois de que este mesmo mes a empresa decidise aparcar outro remake dun filme de vampiros no Oeste titulado Near Dark por mor do éxito de Solpór.

A empresa ainda coninúa adiante cos seus plans de producir o remake de Pesadelo en Elm Street, mentres que a súa nova versión de Venres 13 estreará-se en febreiro.