A HBO Max está a desenvolver un spin-off da súa aclamada série de debuxos animados Harley Quinn titulado Noonan’s.
O anúncio fíxo-se no decurso da conferéncia Not Kidding Around: Warner Bros. Animation and the Reimagining of Iconic Characters for an Adult Audience no SXSW. Os executivos da Warner Bros. e mais o co-creador de Harley Quinn, Patrick Schumacker, avanzaron o spin-off, que aínda está en fase de desenvolvemento.
No caso de seguir adiante, a série iría sobre Kite Man mentres compra o bar Noonan’s, un lugar de encontro para os sicários e secuaces de Gotham. Schumacker dixo:
“Kite Man tenta levar o bar el só, pero non resulta tan doado. Harley e Ivy aparecen no primeiro episódio, pero despois diso temos diferentes matóns e falcatruáns que aparecen cada episódio, coma Lex Luthor e Bane. Será unha especie de ‘Cheers’ para os superviláns“.
Schumacker tamén avanzou un pouco da terceira tempada de Harley Quinn que incluirá un episódio “que é unha grande carta de amor a Batman: the Animated Series. Mesmo temos algúns fondos orixinais da série que usamos no episódio“.
Ademáis, James Gunn fará unha aparición a vindeira temporada coma el mesmo. Na série, dirixirá unha película sobre Thomas Wayne.