Dez anos despois do lanzamento do orixinal, a Dreamworks ven por fin de botar a andar a agardada secuela do seu éxito Puss in Boots, que levará por título Puss in Boots: The Last Wish.
Este spin-off de Shrek recadou en 2011 mais de 550 millóns de dólares en todo o mundo. Antonio Banderas e Salma Hayek retomarán os seus papeis do Gato con Botas e Kitty Softpaws nunha longametraxe que esta vez será con animación xerada por computadora. Aos dous protagonistas se lles unirá Harvey Guillén, facendo un papel de can, un animal que non pode faltar cando se trata de convencer ao público americano.
Tamén participan noutros papeis Florence Pugh, Olivia Colman, Wagner Moura, Ray Winstone, John Mulaney, Da’Vine Joy Randolph, Anthony Mendez e Samson Kayo.
A história narrará as aventuras do famoso gato fóra da lei mentres descubre que a súa paixón polo perigo e o seu desprezo pola seguridade están a lle pasar factura. O gato comezará unha viaxe épica á procura do mítico “derradeiro desexo” que lle permitirá restaurar as súas Nove Vidas.
Joel Crawford e Januel Mercado serán o director e codirector, e a Universal estreará a película nas salas de cinema a partir do 23 de setembro.