Sydney Sweeney (Euphoria) ven de se unir ao elenco de Madame Web, unha das novas películas que a Sony prepara dentro do universo cinemático da Marvel. A actriz úne-se deste xeito á protagonista Dakota Johnson, quen fará o papel principal. Polo de agora non se sabe a que persoaxe interpretará Sweeney, pero de todos os xeitos, agárda-se que a versión do cinema sexa moi diferente á dos cómics. S.J. Clarkson dirixe a partir dun guión de Matt Sazama e Burk Sharpless.